universidade

novasb

inscricionb

contactab

galeria_fotos


Fase Clasificatoria

8 e 9 de marzo de 2019 : ESO

15 e 16 de marzo de 2018 : Bacharelato

Parlamento Xove, categoría universitaria

Primeira edición do programa Parlamento Xove, categoría universitaria

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a primeira edición do programa Parlamento Xove, categoría universitaria.

Obxectivo: fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

Destinatarios: mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados no curso académico 2018/2019.

Prazas: poderán participar un máximo de 8 equipos. Cada equipo estará composto entre dous (2) e catro (4) mozos/as.

Inscrición: os equipos interesados en participar deberán enviar telematicamente o formulario de preinscrición dispoñible na páxina web oficial da competición do 11 ao 15 de marzo de 2019.

Unha vez adxudicadas as prazas, os equipos seleccionados deberán enviar por correo o formulario de inscrición (inclúe a composición do equipo) entre o 18 de marzo e o 22 de abril de 2019 á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Descarga no seguinte enlace o formulario de inscrición

Xunto co formulario do inscrición enviarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia da matrícula ou certificado de matriculación dos alumnos e alumnas.
  • Fotocopia do DNI de cada unha das persoas que integran o equipo.

Os citados documentos deberán enviarse por un dos seguintes medios:

a) Ao correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
b) Por correo postal ao seguinte enderezo:
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela

Fases da competición: a competición terá dúas fases unha primeira fase clasificatoria e unha fase final de eliminatoria directa. Tendo en conta que por primeira vez se abre este programa á categoría universitaria, as dúas fases terán lugar na mesma fin de semana (venres en horario de tarde e sábado en horario de mañá).

Consulta as bases e o regulamento nos seguintes enlaces:

BASES

REGULAMENTO

Máis información:

981 545 702
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla


Bases_universidade 2019

Bases competicion_boton

Regul_universidade 2019

Regulamento boton