novasb

inscricionb

contactab

galeria_fotos


Fase Clasificatoria

23 e 24 de febreiro de 2018 : ESO

2 e 3 de marzo de 2018 : Bacharelato

Bases e regulamento

DEBATES - INSCRICIÓN 2018

Tal e como se establece nas bases da competición, os equipos interesados en participar no PX´18 deberán enviar telematicamente o formulario de participación dispoñible nesta páxina web a partir do 27 de novembro de 2017. Unha vez adxudicado ao centro unha ou dúas das 24 prazas (por categoría), este deberá enviar por correo certificado o formulario de inscrición (inclúe a composición do equipo) antes do 31 de xaneiro de 2018 á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, debidamente cuberto e co selo do centro de ensino.

Acceso ao formulario de participación:

+ Formulario de participación

Xunto co formulario de inscrición enviarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia da matrícula ou certificado de matriculación de alumnos e alumnas co selo do centro de ensino.
  • Fotocopia do DNI de cada unha das persoas que integran o equipo, incluído o coordinador/a.
  • Autorización paterna/ materna /titor/a legal para participar no programa Parlamento Xove 2018.
  • Autorización paterna/materna/titor/a legal para facer fotografías e gravar a imaxe do/a menor participante durante o desenvolvemento das actividades do programa Parlamento Xove 2018.

Os documentos citados enviaranse a:

Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 3ª planta
15781 Santiago de Compostela

Os temas de debate daranse a coñecer a partir do día 1 de decembro de 2017

Descarga as Bases de Competición e o Regulamento da Edición 2018 do PX:

altBASES DE COMPETICIÓN

altREGULAMENTO DE COMPETICIÓN

altAUTORIZACIÓN DE PARTICIPACIÓN PATERNA-MATERNA-TITOR/A LEGAL

altAUTORIZACIÓN GRAVACIÓN IMAXE

altFORMULARIO DE INSCRICIÓN

+ Formulario de participación