novasb

inscricionb

contactab

galeria_fotos


Que é?

Parlamento Xove: que é?

PARLAMENTO XOVE 2018-NOVENA EDICIÓN

O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

Estas actividades teñen como fío común debater acerca dun tema formulado pola organización, entre as que se inclúen a elaboración de artigos de investigación do tema tratado e debates dialécticos.

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?

Parlamento Xove trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. Realizarase en dúas fases: unha clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final. Paralelamente a elo, os equipos poderán entregar artigos de investigación que contarán cun premio especial ao mellor documento.

QUEN PODE PARTICIPAR?

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 3º e 4º de ESO de calquera centro de ensino de Galicia. O alumnado de Bacharelato e ESO competirán en fases totalmente diferenciadas cun calendario propio cada unha delas.

FASE DE FORMACIÓN

Previamente ao inicio dos debates da fase clasificatoria realizaranse unhas xornadas de formación. As datas e lugares de realización das xornadas de formación serán comunicadas aos equipos inscritos con antelación suficiente.

PRECISAS TODA A INFORMACIÓN?

Para coñecer toda a información da actividade, non tes máis que acceder á sección adicada a BASES E REGULAMENTO e descargar as Bases e o Regulamento.

Calquera dúbida podes poñerte en contacto no seguinte correo electrónico  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla